Aviso Legal

TITULARIDADE DO SITIO WEB

En cumprimento da Lei de servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 do 12 de outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

1. CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN

O CONCELLO DE RIANXO resérvase o dereito de actualizar os contidos da páxina web e eliminalos, así como de limitar e impedir o acceso a eles, xa sexa temporal ou definitivamente, sen notificación previa.

A utilización da presente páxina web atribúe a condición de persoa usuaria da páxina web (en diante o Usuario) e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste aviso legal no momento mesmo en que o Usuario acceda á páxina web.

O Usuario comprométese a utilizar a páxina web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lei, co presente aviso legal, coas condicións particulares de certos servizos e cos demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

Para ese efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiras persoas.

2. LIMITACIÓNS DE RESPONSABILIDADE

A reponsabilidade da utilización da información contida na páxina web é do Usuario.

Dispoñibilidade dos servizos

O CONCELLO DE RIANXO non garante que as súas páxinas estean operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento. O CONCELLO DE RIANXO resérvase o dereito para modificar en calquera momento, sen aviso previo, os contidos deste sitio web e as condicións xerais de acceso.

En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, o CONCELLO DE RIANXO ten o dereito para suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento das persoas usuarias, sempre que as circunstancias así llo permitan.

Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que as persoas usuarias puidesen atribuír ao presente sitio web.

Contidos non xestionados directamente por este sitio web

O CONCELLO DE RIANXO rexeita toda responsabilidade sobre a información contida en páxinas web non elaboradas por aquel e, especialmente, sobre os contidos das ligazóns publicadas na súa páxina web.

A páxina corporativa ofrece ligazóns a outros sitios web que poden resultar do seu interese. Aínda que O CONCELLO DE RIANXO trata de asegurar que os web sites de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade e protección de datos, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente neles.

O CONCELLO DE RIANXO non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitud, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes e ofrecidos nos sitios web non xestionados por esta Entidade.

O CONCELLO DE RIANXO queda eximido de calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que puidesen derivarse da captación e uso por parte de terceiras persoas das informacións e opinións facilitadas polas persoas usuarias á páxina web.

O CONCELLO DE RIANXO non se fai responsable en ningún caso dos contidos, informacións ou imaxes que non dependan da páxina web, nin estean xestionados polo O CONCELLO DE RIANXO

Exención de responsabilidade sobre o uso indebido de métodos de autenticación

O CONCELLO DE RIANXO non se fai responsable do uso indebido de usuario (login) e contrasinal ou calquera outro método de autenticación empregado das persoas usuarias para o acceso aos contidos e servizos que os requiran e que se ofrezan na páxina web, nin das consecuencias de calquera natureza derivadas do mal uso por parte das persoas usuarias, a perda ou esquecemento de usuario (login) e contrasinal ou calquera outro metodo de autenticación, nin do seu uso indebido por terceiras persoas non autorizadas.

brown wooden stand with black background
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp

Últimas novas

Scroll Up