Lanzamento do Portal de Entidades do Concello de Rianxo

O concello de Rianxo anuncia a posta en marcha do Portal de Entidades de Rianxo.

O portal de Entidades do Concello de Rianxo xa é unha realidade. O proxecto realizado polo Obradoiro de Emprego Carnero Valenzuela II ven a poñer en valor o traballo das entidades do municipio.

Neste novo portal os usuarios poderán consultar novas das entidades e comunicados do concello en relación coa xestión asociativa, acceder ó directorio de asociacións ou atopar recursos para a xestión destas.

Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp

Últimas novas

Scroll Up