Presentación

As principais actuacions que se fan dende a Comunidade de Montes están destinadas á prevención de incendios forestais e a defensa do arborado. Así mesmo tamén se realizan accións orientadas á diversificación de especies no monte.
Os terreos da Comunidade de Montes de Leiro contan con numerosas mámoas e pertroglifos que se protexen e poñen en valor.
Nos últimos anos vimos realizando xornadas de voluntariado ambiental onde invitamos á cidadanía á realización de accións que están en liña co fomento da biodiversidade e coa protección do entorno.
Colaboramos con distintas entidades como son: o Concello de Rianxo, o Centro de Investigación de Lourizán, a Asociación AMICOS, o I.E.S. Félix Muriel, etc.
A Comunidade de Montes de Leiro forma parte da Plataforma pola Defensa do Monte.
En definitiva, apostamos pola multifuncionalidade do monte onde teñen cabida a función productora,protectora e social.

O artigo Presentación publicouse primeiro en Comunidade de montes de Leiro.

Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp

Últimas novas

Scroll Up