Razóns/beneficios de por que a xente se debería unir á nosa asociación!

O contacto cotiá coa música, e moito máis o seu estudo, ten múltiples beneficios para o desenvolvemento motriz e intelectual en idades temperás. A instrución musical no alumnado de curta idade ten respostas cerebrais máis sofisticadas e unha linguaxe máis desenvolta que outros que non reciben este tipo de formación. A Escola de Música de Rianxo aporta un servizo formativo a toda a comunidade do Concello e arredores, que demanda este tipo de actividades.
Asemade serve como ponte para o acceso ó ensino profesional facilitando o acceso a conservatorios elementais, profesionais e superiores. Conta cun departamento moi específico como é o “Departamento de Jazz” ó que acoden numerosos profesionais do sector en busca deste tipo de formación.
A motivación a través da súa Banda de Música, que conta na actualidade con máis de 60 membros, é esencial para a mellora da calidade musical do alumnado da escola ademais de servir como referente musical para o resto da poboación rianxeira que teña a ben iniciarse na música.
Non podemos esquecer o aumento das vocacións artísticas que promove esta Escola tendo como referencia varios/as profesionais consolidados/as no ámbito profesional musical.
A maioría das actividades propostas pola Escola, ademais de ser formativas a nivel intelectual, son moi importantes para socialización dos nenos e nenas xa que nelas comparten e intercambian gustos e intereses.
Unha das preocupacións da nosa entidade é poder ofertar o maior número de actividades formativas e de calidade, sobre todo que estas estean ó alcance de todas as familias do Concello e arredores.
Con todo isto, a Escola de Música de Rianxo, dende o 25 de abril do 2017, é centro autorizado pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, incluída no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia (con código: 15033083), tendo como cadro docente 19 mestres/as titulados/as.

O artigo Razóns/beneficios de por que a xente se debería unir á nosa asociación! publicouse primeiro en Escola de Música de Rianxo.

Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp

Últimas novas

Scroll Up