Sobre o campus de verán

“Neste enlace podedes inscribir ós/as participantes no campus.

https://docs.google.com/…/1wDx9-eqt7zhvg3FjgD257x…/edit

Recordade que o prazo para anotarse remata o vindeiro xoves 15 de xullo ás 15:00 horas.”

Boas a todos e todas.

Pois aquí seguimos enredados en volver, volver si, pero con seguridade.

Previo ó inicio dos adestramentos da tempada 2021/22, queremos anunciarvos que vamos facer un CAMPUS DE VERÁN.

O campus terá lugar no Campo Municipal de Vilas, do 19 ó 30 de xullo, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Este campus non é solo para os actuais xogadores do C.D. Unión, é para todos e todas aqueles rapaces e rapazas que queiran vir pasar un bo rato practicando deporte, nun ambiente san e saudable.

Seguindo o protocolo actual, as prazas son limitadas a 50 participantes por orde de inscrición, que, no caso de que o protocolo mudase, actualizaríamos e adaptariámonos ó mesmo.

O prazo para anotarse comezará mañá xoves día 1 de xullo ás 10:00 horas e rematará o vindeiro xoves 15 de xullo ás 15:00 horas.

Moitas grazas a tod@s e vémonos en Vilas.”

O artigo Sobre o campus de verán publicouse primeiro en C.D. Unión.

Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp

Últimas novas

Scroll Up