Anunciamos a posta en marcha do Portal de Entidades de Rianxo.
A Deputación da Coruña organiza, a través do programa PEL-Concellos dixitais, unha xornada formativa na plataforma SUBTEL para a solicitude e tramitación das subvencións da Deputación da Coruña.
Está dirixida ás entidades asociativas (culturais, deportivas, comerciais, veciñanza) ou outros colectivos ou particulares que podan necesitar tramitar nesta plataforma.
A xornada formativa, cunha duración aproximada de 90 minutos, impartirase na Aula de Informática (Auditorio de Rianxo) en dúas quendas diferentes para facilitar a asistencia dos colectivos a unha delas: o mércores 4 de decembro polo serán (18.00 h) ou o luns 23 pola mañá (12.00 h).
Recoméndase inscribirse previamente mediante correo electrónico a para garantir a dispoñibilidade de prazas.